Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

31 de decembro de 2018 | "Homenaxe aos que defenderon a liberdade 1936-2018". Paseo "Alcalde Antonio Blanco | Intervención de Xaime Toxo " A fidelidade da memoria histórica"

Como cada 31 de decembro, reunímonos no Paseo Alcalde Antonio Blanco para lembrar e rendir sentida homenaxe ás persoas que defenderon a liberdade e a democracia contra a barbarie franquista. Enriqueta Otero, presidenta da ARMH de Marín, abreu o encontro dando lectura ao manifesto deste ano. Xaime Toxo, como presidente do colectivo convidado este ano, o Ateneo de Pontevedra, centrou o acto co seu discurso sobre A fidelidade da Memoria Histórica.   (Pincha  aquí para acceder ao texto íntegro). Nee Barros ofrécenos un novo relato que nos emociona, nesta ocasión rescatado da memoria da súa propia familia. A música ten sempre un papel importante nos nosos actos; desta vez, as voces de Amigos da Memoria envolveron as lembranzas e os desexos de xustiza, verdade e reparación. O grupo de gaitas Os de Marín acompañaron a ofrenda floral de familiares e público presente, ante o monumento instalado no Paseo Alcalde Antonio Blanco.

22 de decembro de 2018 | Documental "Mauthausen, regreso ao campo da morte" + Encontro con investigador Eladio Fernández Manso | Xornadas BOIX Fotógrafo de Mauthausen | Museo "Manuel Torres"

O sábado 22 de decembro Eladio Fernández Manso presentounos o seu documental, que nos traslada á terrible realidade dos campos de exterminio nazis, da man de dous galegos que sufriron en primeira persoa as terribles vivencias naqueles lugares de morte.   Nesta ocasión acompañounos a música de Carmen Gallego.

18 de decembro de 2018 | Mesa redonda sobre galegos deportados nos campos de concentración nazis | Mara Torres, Sara Vilas e familiares de deportados | Museo Manuel Torres

O martes 18 de decembro, a investigadora María Torres e a xornalista Sara Vilas compartiron mesa redonda con familiares de deportados. Artigo publicado no Faro de Vigo sobre a conferencia de Xosé Álvarez O xoves 27, o investigador Xosé Álvarez Castro comparteu connosco o seu último traballo sobre "Pontevedreses nos campos de concentración" (pincha aquí e poderás ler o artigo íntegro)

15555 a 31 de decembro de 2018 | Exposición "Frances Boix, el fotógrafo de Mauthausen" | ARMH | Carmen Gª Rodeja, Queta Otero, Xosé Novás, Mardeafora, Lucía Novas, Neé Barros | Museo Manuel Torres

O vindeiro sábado, 15 de decembro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín abre os actos deste mes coa inaguración da exposición "Boix, fotógrafo de Muathausen", que terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres ás 12:30 h.   Francisco Boix (Barcelona, agosto de 1920-París, xullo 1951) axudou a condenar a barbarie nazi grazas ás fotografías que sacou do campo de concentración e que serviron de proba durante os xuizos de Nuremberg. A súa vida empezou a ser coñecida grazas ao documental “Francisco Boix: un fotógrafo en el infierno” de Llorenç Soler, que descubreu a súa historia e o seu arquivo en 1974. Boix chegou ao campo o 27 de xaneiro de 1941 e ser fotógrafo e saber alemán permiteulle retratar o horror; fotografaba todo o que lle ordenaban e tamén revelaba todas as fotografías dos oficiais das SS. Logrou rescatar os negativos e publicar as fotos, que conmocionaron ao mundo; grazas ao seu traballo e á súa testemuña foron condenados moitos respo

Conferencia "Mariñeiros de Marín na defensa de Euskadi, 1936"

A Casa de Cultura de Seixo quedou pequena para acoller ás ducias de persoas que asistiron, o venres 28, á conferencia ofrecida polo investigador e veciño Celso Milleiro. Acto que abríu os actos de Setembro da ARMH de Marín.
ACTOS DE SETEMBRO  
RÚA EN MEMORIA DE CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ "A CAPIROTA" Marín, 18 de agosto de 2018 "Hoxe é un día para falar da verdade, facer reparación e xustiza como ven pedindo a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín dende a súa constitución no noso concello, e xa van alá preto de vinte anos. Polo tanto, celebramos que a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego fora acollida por tódolos grupos políticos que forman a corporación municipal. Podemos dicir que o pobo de Marín é o que restitúe na figura de Carmen Pesqueira Domínguez o triunfo da liberdade que ela pensaba que tiña para expresar as súas ideas ou encararse cos que naqueles días andaban a meter medo na xente.  Medo en Bueu, onde deixaron o corpo de Carmen no vello cemiterio onde segue a día de hoxe, xa que non permitiron que os pais puidesen levar de alí a súa filla.  Medo en Cangas, onde foron buscar a Dolores Blanco Rodal que ferida puido escapar polo monte e dar testemuño dos feit

Aniversario da II República ante a Pedra da Liberdade

  

ABRIL REPUBLICANO

          Na obra Ai, Carmela!, elexía dunha Guerra Civil, aparecen tres Españas: a dos vencedores, obvia e sempre presente; a que representa Carmela, que acaba morta ou no exilio; e a que representa Paulino, sobrevivinte que acaba asumindo o sometemento e perda dos seus ideais, disposto mesmo ao esquecemento.  Nela faise un elevado acto de xustiza poética con todos os mortos, non só os da Guerra Civil Española, senón cos de todas as guerras.