Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

31 de decembro de 2018 | "Homenaxe aos que defenderon a liberdade 1936-2018". Paseo "Alcalde Antonio Blanco | Intervención de Xaime Toxo " A fidelidade da memoria histórica"

Como cada 31 de decembro, reunímonos no Paseo Alcalde Antonio Blanco para lembrar e rendir sentida homenaxe ás persoas que defenderon a liberdade e a democracia contra a barbarie franquista. Enriqueta Otero, presidenta da ARMH de Marín, abreu o encontro dando lectura ao manifesto deste ano. Xaime Toxo, como presidente do colectivo convidado este ano, o Ateneo de Pontevedra, centrou o acto co seu discurso sobre A fidelidade da Memoria Histórica.   (Pincha  aquí para acceder ao texto íntegro). Nee Barros ofrécenos un novo relato que nos emociona, nesta ocasión rescatado da memoria da súa propia familia. A música ten sempre un papel importante nos nosos actos; desta vez, as voces de Amigos da Memoria envolveron as lembranzas e os desexos de xustiza, verdade e reparación. O grupo de gaitas Os de Marín acompañaron a ofrenda floral de familiares e público presente, ante o monumento instalado no Paseo Alcalde Antonio Blanco.

22 de decembro de 2018 | Documental "Mauthausen, regreso ao campo da morte" + Encontro con investigador Eladio Fernández Manso | Xornadas BOIX Fotógrafo de Mauthausen | Museo "Manuel Torres"

O sábado 22 de decembro Eladio Fernández Manso presentounos o seu documental, que nos traslada á terrible realidade dos campos de exterminio nazis, da man de dous galegos que sufriron en primeira persoa as terribles vivencias naqueles lugares de morte.   Nesta ocasión acompañounos a música de Carmen Gallego.

18 de decembro de 2018 | Mesa redonda sobre galegos deportados nos campos de concentración nazis | Mara Torres, Sara Vilas e familiares de deportados | Museo Manuel Torres

O martes 18 de decembro, a investigadora María Torres e a xornalista Sara Vilas compartiron mesa redonda con familiares de deportados. Artigo publicado no Faro de Vigo sobre a conferencia de Xosé Álvarez O xoves 27, o investigador Xosé Álvarez Castro comparteu connosco o seu último traballo sobre "Pontevedreses nos campos de concentración" (pincha aquí e poderás ler o artigo íntegro)

15555 a 31 de decembro de 2018 | Exposición "Frances Boix, el fotógrafo de Mauthausen" | ARMH | Carmen Gª Rodeja, Queta Otero, Xosé Novás, Mardeafora, Lucía Novas, Neé Barros | Museo Manuel Torres

O vindeiro sábado, 15 de decembro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín abre os actos deste mes coa inaguración da exposición "Boix, fotógrafo de Muathausen", que terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres ás 12:30 h.   Francisco Boix (Barcelona, agosto de 1920-París, xullo 1951) axudou a condenar a barbarie nazi grazas ás fotografías que sacou do campo de concentración e que serviron de proba durante os xuizos de Nuremberg. A súa vida empezou a ser coñecida grazas ao documental “Francisco Boix: un fotógrafo en el infierno” de Llorenç Soler, que descubreu a súa historia e o seu arquivo en 1974. Boix chegou ao campo o 27 de xaneiro de 1941 e ser fotógrafo e saber alemán permiteulle retratar o horror; fotografaba todo o que lle ordenaban e tamén revelaba todas as fotografías dos oficiais das SS. Logrou rescatar os negativos e publicar as fotos, que conmocionaron ao mundo; grazas ao seu traballo e á súa testemuña foron condenados moitos respo