Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

31 de decembro de 2019 | Homenaxe aos que defenderon a liberdade 1936-2019 | Fernando Salgado | Neé Barros | Paseo Alcalde Antonio Blanco

  Para pechar as actividades do ano 2019, o martes 31 de decembro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, organizou no Paseo Marítimo Alcalde Blanco, ás 13:00 h., o acto anual en lembranza dos veciños asasinados nesa mesma data de 1936: Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Armando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández. Interviron, nesta ocasión, Fernando Salgado Varela, xornalista e escritor, autor de numerosos artigos e traballos sobre a recuperación da nosa memoria silenciada, como o seu último libro, 1.306/36, sobre a historia e a causa do seu avó; e o poeta e escritor marinense Nee Barros. Acompañáronnos as cancións e a música de Samu Acuña, Amigos da Memoria e Pousos da Area. Á finalización tivo lugar a ofrenda floral, encabezada por familiares das persoas homenaxeadas.    

20 de decembro de 2019 | Proxección do documental “Memorial de Camposancos” de José Ballesta e Manxo Fernández | Biblioteca Pública "Vidal Pazos"

  A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín deu comenzo o venres, día 20, aos actos que cada ano organiza no mes de decembro, coa proxección do documental “Memorial de Camposancos”.   Tivo lugar ás 19:30 horas no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal “Vidal Pazos” e contou coa presenza dos directores José Ballesta e Miguel Anxo Fernández.   A obra relata a historia deste campo de concentración franquista, durante os anos 1937 e 1938, reconstruída a través de testemuñas dos escasos supervivintes.

5 de decembro de 2019 | Pasamento de José Emilio "Lucho" Esperón Rodríguez, presidente de honra de ARMH Marín

  In memoriam     O ano 2019 foi especialmente duro co pasamento o 5 de decembro aos 93 anos de idade do presidente de honra da nosa Asociación, José Emilio “Lucho” Esperón Rodríguez , exemplo de dignidade para todas e todos nós.   Quisemos trasladar a súa familia todo o cariño e respeto que nos merecía a figura de Lucho e acompañar nese difícil momento a súa dona Josefa, a súa irmán Marinita e as fillas/os Alicia, Alejandra, Mariem, Graciela, Irene, María e Jorge.   Na súa esquela incluise unha frase de Séneca “Hace falta toda una vida para aprender a vivir”. Quédannos as conversas, os ánimos e o espíritu de loita que Lucho sempre sementou en nós.   A ARMH Marín quiso mostrar o seu agarimo á Lucho e a súa familia cun detalle floral.     Escasamente tres meses antes, o 12 de setembro, tamén nos deixaba aos 59 anos o noso amigo Quique Santiago Esperón , canteiro de profesión, que deixou con nós o seu comprom

15 de setembro de 2019 | Acto de homenaxe ás/aos que defenderon a liberdade no Pozo da Revolta en Bagüín-Mogor para lembrar aos militares leais á República. Intervención de Bernardo Máiz

O domingo 15 de setembro celebramos o acto central do mes de setembro no Lugar da Memoria situado no Pozo da Revolta, en Bagüín, na parroquia de Seixo.  Comenzou  ás 13:00 horas  e contamos  coa intervención do historiador Bernardo Máiz Vázquez , acompañado da palabra de  Arturo Maira  e as intervencións musicais de  Lía Vilas , o  Grupo Vocal Tradicional de Seixo  e a agrupación  Os de Marín . A continuación, tivo lugar a ofrenda floral ante o monumento instalado neste espazo de lembranza e memoria. Tino Iglesias e Queta Molas presentan o acto de lembranza no Pozo da Revolta, onde foi asasinada Carmen Pesqueira "A Capirota" Interveción de Alberto Romero García, en representación de Arturo Maira,  portavoz do Manifesto en contra do franquismo nas Forzas Armadas , e actuación do Grupo Vocal Tradicional de Seixo. Intervención central, a cargo do historiador Bernando Máiz Vázquez, seguida da actuación da violinista Lía Vilas.

13 de setembro de 2019 | Conferencia "Militares leáis á República" de Xosé Álvarez Castro. Casa da Cultura de Seixo

O venres, día 13 de setembro, ás 20:00 horas, tivo lugar na Casa de Cultura de Seixo a  conferencia a cargo do investigador Xosé Álvarez Castro baixo o título “Militares leais á República” ; tema que centrou este ano os actos de setembro organizados dende a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín.   Deixamos aquí algunhas fotos e os vídeos da conferencia de Xosé Álvarez sobre os Militares leais á República.

18 de agosto de 2019 | Acto de homenaxe a Carmen Pesqueira "A Capirota" na praza que leva o seu nome.

O pasado 18 de agosto lembramos a Carmen Pesqueira Domínguez "A Capirota" , na praza que leva o seu nome.   Queta Otero, a presidenta da asociación, presentou o acto:  "Cúmprese hoxe un ano en que o pobo de Marín restitúe co nome desta praza de Carmen Pesqueira Domínguez o recoñecemento a unha muller que levantou a súa voz contra os que naqueles días de agosto andaban a meter medo na xente levando a cabo un plan estratéxico para aniquilar á clase traballadora ,non foi un feito illado senón contra as persoas que defenderon as ideas republicanas . Neste 18 de agosto recordamos a Carmen,asasinada, privada da súa vida para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa súa voz contra o novo réxime implantado polos militares golpistas.  Esa mesma noite foron buscar a Cangas a Dolores Blanco Montes e as dúas compartiron a tráxica viaxe ata o Pozo da Revolta e aínda que Lola puido saír con vida fuxindo polo monte a súa vida foi un inferno pola brutal repre

21 de xullo de 2019 | Homenaxe anual do movemento memoralístico galego na Illa de San Simón, Illa da Memoria

Como cada ano, a Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín participou nos actos de lembranza que teñen lugar na Illa de San Simón, cada mes de xullo. Vítimas do franquismo esixen que o estado cumpra os tratados internacionais e acate a non prescrición dos delitos de lesa humanidade  “O que non se xulga e se condena non pode ser perdoado, non se pode amnistiar un delito que non foi cometido (…)No referente aos crimes franquistas, cando falamos de amnistía, en realidade do que estamos a falar é de impunidade”.  A denuncia realizouna a escritora Ana Cabaleiro no encontro nacional que os colectivos pola memoria celebraron o pasado 21 de xullo en San Simón, no só para render homenaxe ás vítimas e ás súas familias senón tamén para reivindicar o fin desa impunidade que, lembrou Cabaleiro, “ lonxe de ser derogada e revertida desde os poderes institucionais correspondentes, de tanto manterse no tempo chegou a propiciar, nos últimos

14 de abril de 2019 | 88 Aniversario da II República - Acto de homenaxe e ofrenda floral na Pedra da Liberdade. Intervención de Aldara Cidrás.

O domingo 14, ás 13:00h., celebramos o Acto anual de homenaxe na Pedra da Liberdade, nos xardíns ao carón do edificio do Concello, con motivo do Aniversario da II República. Interviu nesta ocasión, ademais de representantes da asociación, Aldara Cidrás e a música de “Amigos da República”.    Intervención de:   A LDARA CIDRÁS FUENTES Marín, Pedra da Liberdade |  14-4-2 019 Moi bos días a todas, moi bos días a todos,      Por iso, quero dar as grazas á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín tanto o venres coma hoxe e, en particular, de novo a Queta Otero polo convite. Quero parabenizar tamén á asociación por lograr que tódolos abriles en Marín sexan abriles de memoria republicana. E, por suposto, quero dar as grazas ás persoas valentes e teimudas que seguides asistindo a este tipo de actos de reparación e xustiza. Porque sen vós, que sodes a encarnación da demanda social pola recuperación da memoria histórica, este tipo de actos (tendo en conta a acción ce