Saltar ao contido principal

Publicacións

Lugares de Memoria en Marín

Publicacións recentes

O RONSEL DA MEMORIA: PRESENTACIÓN DA NOVELA MAURO

  Este xoves, 23 de outubro ,   presentamos   Mauro , de Mikel Guerendiain , ás 20:00 h. no Museo Municipal Manuel Torres. Mauro é a primeira novela de Mikel Guerendiain, que nace da que está considerada unha das maiores evasións carcerarias de Europa: a fuga do penal franquista de San Cristóbal, en Pamplona , o 22 de maio de 1938. Arredor   de oitocentos presos participaron nela e moitos deles foron abatidos ou detidos nas horas seguintes, pero outros lograron escapar polos montes do norte de Navarra tentando chegar á fronteira con Francia. Durante días mantívose a cacería na que se viron envoltos non só os fuxidos e os perseguidores, senón tamén os habitantes deses pobos fronteirizos, que viron alteradas as súas vidas.   MIKEL GUERENDIAIN AZPIROZ, naceu en   Ciaurriz, Navarra, en 1983, é Licenciado en Historia pola Universidade de Navarra e na actualidade exerce como profesor de Xeografía e Historia.

ACTO DE HOMENAXE NA PRAZA CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ "A CAPIROTA"

 

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

CONVOCATORIA ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA E ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

 O vindeiro sábado día 29 de marzo  terá lugar a Asemblea Anual Ordinaria da ARMH de Marín, ás 11:00 h. en primeira convocatoria e ás 11:30 h. en segunda convocatoria, no local social do Ateneo Santa Cecilia na Rúa do Forno, nº 46. A continuación, ás 11:30h. en primeira convocatoria e ás 12:00 h. en segunda convocatoria, celebrarase a Asemblea Extraordinaria para a elección da nova Xunta Directiva. Deixamos aquí as correspondentes ordes do día.

PRESENTACIÓN DO LIBRO CIUDAD DE LA SELVA, HISTORIA E ARQUEOLOXÍA DA GUERRILLA NOS MONTES DE CASAIO

O vindeiro sábado 25 de xaneiro, ás 12:00 h., terá lugar a presentación do traballo de investigación Ciudad de la Selva, Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio. Será no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres.  

ACTO ANUAL NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO

O pasado 31 de decembro, o acto de HOMENAXE E LEMBRANZA ÁS PERSOAS QUE DEFENDERON A LIBERDADE xuntounos un ano máis no Paseo Alcalde Blanco. Queta Molas, presidenta da ARMH de Marín, presentou o acto e a continuación leu a carta que o alcalde Antonio Blanco escribíu á familia dende o cárcere.  O investigador e escritor Xosé Álvarez Castro, centrou o acto coa súa exposición sobre a represión no ámbito do ensino, concretada nas vidas de tres profesores do instituto de Pontevedra: Juan Carlos Villar García, Mariano García Martínez e Celestino Noya Rodríguez. Uxía Lubián Pardellas deu lectura á carta que o seu avó escribira ao pai, mestre tamén naqueles anos oscuros. A música de Ulises Trío acompañounos durante o acto. Como remate, fíxose a tradicional ofrenda floral.

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro.  Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.

PRESENTACIÓN LIBRO BÓVEDA, LUME VIVO ACESA CHAMA

Xulio Pardellas, Xan Leira (autor), Queta Molas, Andrés Pena e Luís Chapela.

POZO DA REVOLTA, SETEMBRO 2024

"O MESTRE QUE PROMETEU O MAR" NO CINE SEIXO E ACTO NO POZO DA REVOLTA

 

ACTO ANUAL DE HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

O domingo, día 18 de agosto, reunímonos na Praza de Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, para rendirlle xusta homenaxe.