Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

14 de abril de 2019 | 88 Aniversario da II República - Acto de homenaxe e ofrenda floral na Pedra da Liberdade. Intervención de Aldara Cidrás.

O domingo 14, ás 13:00h., celebramos o Acto anual de homenaxe na Pedra da Liberdade, nos xardíns ao carón do edificio do Concello, con motivo do Aniversario da II República. Interviu nesta ocasión, ademais de representantes da asociación, Aldara Cidrás e a música de “Amigos da República”.    Intervención de:   A LDARA CIDRÁS FUENTES Marín, Pedra da Liberdade |  14-4-2 019 Moi bos días a todas, moi bos días a todos,      Por iso, quero dar as grazas á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín tanto o venres coma hoxe e, en particular, de novo a Queta Otero polo convite. Quero parabenizar tamén á asociación por lograr que tódolos abriles en Marín sexan abriles de memoria republicana. E, por suposto, quero dar as grazas ás persoas valentes e teimudas que seguides asistindo a este tipo de actos de reparación e xustiza. Porque sen vós, que sodes a encarnación da demanda social pola recuperación da memoria histórica, este tipo de actos (tendo en conta a acción ce

12 de abril de 2019 | Abril Republicano 2019 | Presentación do libro "Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo"

O venres día 12, tivemos a presentación do libro “Golpistas e verdugos do 36. Historia dun pasado incómodo”, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. Foi tamén no Museo Manuel Torres ás 19:30 h. e contamos, ademais, coa presenza de Aldara Cidrás Fuentes, Conchi López Sánchez e Iria Morgade Valcárcel.   Intervención de: Aldara Cidrás Fuentes Moi boas tardes a todas, moi boas tardes a todos,   Antes de comezar gustaríame agradecer de xeito explícito ao público que estades hoxe aquí acompañándonos, pero tamén ás compañeiras e compañeiros da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, e en particular a Queta Otero, pola invitación para falar hoxe aquí e presentar este libro que sacamos hai xa uns meses, no que puxemos un gran esforzo que penso que se nota no resultado final obtido.   A presentación de hoxe a min particularmente emocióname moito porque eu, aínda que nacín en Vigo hai 24 anos, a miña familia (os meus pais, os meus avós) son de Marín, e foi aquí

11 de abril de 2019 | Abril Republicano | Presentación do libro "Le temps des cerises, la vida en la prisión naval de el ferrol del caudillo 1968-69-70" de Ángel Cardín.

O xoves día 11, ás 19:30 h. no Museo Municipal Manuel Torres, Ángel Cardín presentou o seu libro “Les Temps des cerises, la vida en la prisión naval de el ferrol del caudillo 1968-69-70”, un relato-testemuño da vida na Prisión Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, a finais da dictadura franquista.