Este mes de decembro, o sol quixo reconfortarnos na lembranza ao alcalde Antonio Blanco e aos mariñeiros do noso concello que morreron defendendo a liberdade e a democracia. Moitas grazas a Antón Sobral pola súa intervención, a Samu Acuña e aos gaiteiros por unirnos a través da súa música e a todas as persoas que nos acompañaron neste día.
Buscamos a recuperación e divulgación da memoria histórica de todas as persoas, marinenses, galegas e galegos, de moi diversas ideoloxías, leais á II República, que logo do levantamento militar de 1936 foron asesinadas, perseguidas, represaliadas, torturadas, inxustamente xulgadas, forzadas ó exilio ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista. Non pode entenderse o presente e construir o futuro se ignoramos o noso pasado. Verdade. Xustiza. Reparación