Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Francisco Martínez López

27 de setembro - Presentación do libro "Caminos de Resistencia" de Francisco Martínez López "El Quico"

  O martes 27 de setembro ás 20 hora s no salón de actos do Museo Municipal “Manuel Torres” de Marín terá lugar a presentación do libro “CAMINOS DE RESISTENCIA” de Francisco Martínez López El Quico . Participará o propio autor e a súa filla e investigadora Odette Martínez-Maler. Presentará e moderará o acto o compañeiro da ARMH Marín, Tino Iglesias. Con carácter previo terá lugar a estrea do videoclip da canción "Mañán a noite" do grupo Mardeafora, colaborador habitual da ARMH Marín.  Un tema que fala da recuperación da memoria histórica, e que lembra a aquelas persoas que individual e colectivamente, tamén a través das asociacións, loitan contra o esquecemento e pola dignidade arrebatada. https://youtu.be/CIURXDUEWBk   **************************** Quico naceu o 1 de outubro de 1925 en Cabañas Raras, preto de Ponferrada, no seo dunha familia campesiña. Foi enlace nos servizos de información republicana da Federación de Guerrillas de León-Galicia de 1944 a 1947. D...