12 de abril de 2019 | Abril Republicano 2019 | Presentación do libro "Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo"
O venres día 12, tivemos a presentación do libro “Golpistas e verdugos do 36. Historia dun pasado incómodo”, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. Foi tamén no Museo Manuel Torres ás 19:30 h. e contamos, ademais, coa presenza de Aldara Cidrás Fuentes, Conchi López Sánchez e Iria Morgade Valcárcel. Intervención de: Aldara Cidrás Fuentes Moi boas tardes a todas, moi boas tardes a todos, Antes de comezar gustaríame agradecer de xeito explícito ao público que estades hoxe aquí acompañándonos, pero tamén ás compañeiras e compañeiros da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, e en particular a Queta Otero, pola invitación para falar hoxe aquí e presentar este libro que sacamos hai xa uns meses, no que puxemos un gran esforzo que penso que se nota no resultado final obtido. A presentación de hoxe a min particularmente emocióname moito porque eu, aínda que nacín en Vigo hai 24 anos, a miña familia (os meus pais, os meus avós) son de...