Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2022

CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

Intervención de Asun Bernández Rodal no acto de lembranza do pasado 18 de agosto. "A memoria de Carme Pesqueira Domínguez, unha muller traballadora asasinada un día coma hoxe no ano 1936, segue viva. Era nova e estaba resolta a non calar a boca fronte ás inxustizas, e por iso foi tiroteada polos fascistas un 18 de agosto, xusto ao mes do levantamento militar franquista. En Galiza a represión foi rápida e cruenta, e empezou aos poucos días do levantamento. Aquí non houbo fronte militar, pero os mortos estiveron en todas partes. Os falanxistas, apoiados polos poderes políticos e parte da sociedade civil, tiveron as mans libres para actuar de forma sanguenta e impune. Hoxe seguimos recordando ás asasinadas, aos asasinados que foron a cara máis fera e doente do terror imposto por un réxime que ía manexar a violencia física, institucional e ideolóxica coma o seu principal instrumento de poder. Foron as execucións, pero tamén as desaparicións, as detencións, as malleiras, as condenas a

18 de agosto de 2022 | Acto de homenaxe a Carmen Pesqueira "A Capirota" na praza que leva o seu nome.

  Neste 18 de agosto ás 13 horas na praza e xardín que leva o seu nome na rúa da Roda, recordaremos a Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”, asasinada, privada da súa vida para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa súa voz contra o novo réxime implantado polos militares golpistas.  Esa mesma noite foron buscar a Cangas a Dolores Blanco Montes e as dúas compartiron a tráxica viaxe ata o Pozo da Revolta e aínda que Lola puido saír con vida fuxindo polo monte a súa vida foi un inferno pola brutal represión contra ela e a súa familia. Este ano contaremos coa presenza de Asún Bernárdez Rodal autora do libro “Lola, filla de Cangas” e editado no ano 2020 pola Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas. Asún Bernárdez é Catedrática de Periodismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Especializada nos estudios de Comunicación e Xénero, Semiótica dos Medios de Masas e Teoría da Información. É Doutora en Peri

10 de agosto de 2022 - Presentación en Seixo do libro Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937” do investigador marinense Sergio Balchada Outeiral “Satxa”.

  A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, presentará o mércores 10 de agosto o libro “Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937”   do investigador oriundo de Marín, Sergio Balchada Outeiral.   O acto será as oito da tarde no salón de actos da Casa de Cultura de Seixo (Rúa Ángel Araujo Escribano 8 - Seixo - 36913 Marín) . Contaremos coa presenza do autor que disertará sobre o seu traballo de investigación. Sergio Balchada, Satxa, como historiador e investigador ten numerosos artigos publicados nas revistas Luzes, Aztarna (Revista da Asociación do mesmo nome de Etnografía e Difusión do Alto Nervión), Estibaus (Boletín de Altzako Historia Mintegia) e en Nós Diario. Dende o ano 2014 publica o blog elgajedeloficio.wordpress.com con varios apartados: Idade Media, Idade Moderna, Guerra Civil Española, cine, ... Satxa tamén é guionista e actor de cine. A modo de exemplo podemos citar a longametraxe Baile en el sindicato ambientada no frente de Álava na Guerra Civil