O vindeiro martes, 28 de xullo, ás 20:00 h . no Museo Manuel Torres , terá lugar a presentación do ensaio María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo , de Aurora Marco . Contaremos coa intervención da autora, acompañada por Mabel Santiago, da ARMH de Marín, e Rogelio Pérez, da Fundación Luís Tilve. Aurora Marco fai un percorrido polas etapas vitais de María Vázquez desde o seu nacemento en 1894 até que a fusilaron en 1936 . O libro non é só unha biografía senón un esforzo por reparar a memoria dunha muller pioneira, explorando non só a súa dimensión pedagóxica, como mestra preocupada polos métodos de ensino e pola formación das nenas e nenos, senón tamén o seu papel como militante e activista no seo do socialismo e o sindicalismo galego, recuperando o seu legado e o seu compromiso coa educación, cos dereitos e coa igualdade, que a historia oficial tentou silenciar. "Resoaron na noite os disparos que acabaron coa vida dunha mestra vocacional, dunha renovadora pe...
Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMH Marín)
Buscamos a recuperación e divulgación da memoria histórica de todas as persoas, marinenses, galegas e galegos, de moi diversas ideoloxías, leais á II República, que logo do levantamento militar de 1936 foron asesinadas, perseguidas, represaliadas, torturadas, inxustamente xulgadas, forzadas ó exilio ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista. Non pode entenderse o presente e construir o futuro se ignoramos o noso pasado. Verdade. Xustiza. Reparación