Saltar ao contido principal

QUEN ESCRIBIRÁ A MIÑA HISTORIA?

     Este xoves, ás 20:00 horas no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres, comezará a presentación da novela de Iria Morgade Valcárcel Quen escribirá a miña historia?


"As persoas presas no campo de concentración fronte ao mar non paraban de debuxar nas paredes do mosteiro. Facíano quizais para voar lonxe do horror. Tamén escribían, deixando nos muros as súas últimas mensaxes, os seus derradeiros pensamentos.

Unha desas frases convértese para Alba nun enigma que é preciso resolver. Intentalo levaranos a unha viaxe entre os anos trinta e o novo milenio, entre dous confinamentos ben diferentes, entre o presente e o pasado, aquel dos presos do mosteiro, pero tamén o da propia Alba, cativa, tamén ela, da violencia que non pasa."

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.