Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

90 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA

Manifesto No 90ª aniversario da II República, queremos lembrar e homenaxear aos homes e mulleres que o martes 14 de abril de 1931, ás 7 da tarde, organizan unha gran manifestación para proclamar a República en Marín. Ata Cantodarea e Estribela chegaba unha multitude escoltada polas bandeiras das sociedades obreiras e coa bandeira republicana ao fronte, despois de pasar pola Ponte da Liberdade, onde estaba a pedra testemuña de momentos históricos da nosa vila. Na cabeza da manifestación van os presidentes e dirixentes do Centro Republicano local e Sociedades obreiras, rematando no Pazo Municipal.   Gonzalo Martín Marc h En presenza do alcalde ízase a bandeira republicana entre os entusiastas aplausos da multitude e Agustín Rey toma a palabra para expresar o que significa a proclamación da República no que respecta á orde, á xustiza e á liberdade, sendo moi aplaudido. Antes de disolverse a manifestación, o presidente do Centro Republicano, Gonzalo Martín March, pide aos asistentes non ar