O vindeiro domingo día 26, ás 13:00 h., lembraremos un ano máis, no Pozo da Revolta, a Carmen Pesqueira “A Capirota”, a Dolores Blanco e aos fusilados durante o verán dos anos 36 e 37. Durante esta semana, terán lugar dous actos máis dentro do progama deste mes de setembro. O xoves día 23, ás 20:00 h ., na Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos terá lugar a presentación do libro TODAS MORTAS E (QUASE) ESQUECIDAS. 50 persoas que contribuíram para fazer a Galiza como é , da man de dous dos autores, Carlos Fco. Velasco Souto e Henrique Egea Lapina. E o venres día 24 , tamén no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal a partir das 20:00h., contaremos coa presenza do profesor e investigador Raúl Soutelo Vázquez que nos falará sobre A MEMORIA DA EMIGRACIÓN GALEGA A AMÉRICA: MITOS, TÓPICOS E REALIDADES COMPROBADAS POLA INVESTIGACIÓN HISTÓRICA .
Buscamos a recuperación e divulgación da memoria histórica de todas as persoas, marinenses, galegas e galegos, de moi diversas ideoloxías, leais á II República, que logo do levantamento militar de 1936 foron asesinadas, perseguidas, represaliadas, torturadas, inxustamente xulgadas, forzadas ó exilio ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista. Non pode entenderse o presente e construir o futuro se ignoramos o noso pasado. Verdade. Xustiza. Reparación