14 de abril de 2019 | 88 Aniversario da II República - Acto de homenaxe e ofrenda floral na Pedra da Liberdade. Intervención de Aldara Cidrás.
O domingo 14, ás 13:00h., celebramos o Acto anual de homenaxe na Pedra da Liberdade, nos xardíns ao carón do edificio do Concello, con motivo do Aniversario da II República. Interviu nesta ocasión, ademais de representantes da asociación, Aldara Cidrás e a música de “Amigos da República”. Intervención de: A LDARA CIDRÁS FUENTES Marín, Pedra da Liberdade | 14-4-2 019 Moi bos días a todas, moi bos días a todos, Por iso, quero dar as grazas á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín tanto o venres coma hoxe e, en particular, de novo a Queta Otero polo convite. Quero parabenizar tamén á asociación por lograr que tódolos abriles en Marín sexan abriles de memoria republicana. E, por suposto, quero dar as grazas ás persoas valentes e teimudas que seguides asistindo a este tipo de actos de reparación e xustiza. Porque sen vós, que sodes a encarnación da demanda social pola recuperación da memoria histórica, este ti...