Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2021

EN LEMBRANZA DE CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ

  Neste 18 de agosto cúmprese o 85 aniversario do fusilamento de Carmen Pesqueira Domínguez. Carmen nace na Mouta o 1 de xuño de 1907 no seo dunha familia numerosa de catro mulleres chave na súa vida de loita para saír adiante. A súa nai, costureira, que para axudar á economía familiar pasou a vender o peixe que o seu home traía na chalana e xunto coas peixeiras do cedo chegaba á Portela, en Barro, para vendelo e facer troco, maiormente por patacas ou fariña. Blanca era cociñeira no Polígono, que logo tivo que deixar, e Antonia que tiña 8 anos cando mataron a Carmen e que a nai, atemorizada, quitou da escola sen apenas ler nin escribir. Despois coidaría do fillo de Carmen. No 1936 Carmen tiña 29 anos e un fillo de solteira de catro anos. Era moi independente e pranchaba e lavaba a roupa dos oficiais do Polígono. Tiña un cuarto alugado no Priorato onde traballaba e vivía co seu fillo. Era republicana e no Polígono regaláronlle un cadro enmarcado dos capitáns Galán e García Hernández que