Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

15 de setembro de 2019 | Acto de homenaxe ás/aos que defenderon a liberdade no Pozo da Revolta en Bagüín-Mogor para lembrar aos militares leais á República. Intervención de Bernardo Máiz

O domingo 15 de setembro celebramos o acto central do mes de setembro no Lugar da Memoria situado no Pozo da Revolta, en Bagüín, na parroquia de Seixo.  Comenzou  ás 13:00 horas  e contamos  coa intervención do historiador Bernardo Máiz Vázquez , acompañado da palabra de  Arturo Maira  e as intervencións musicais de  Lía Vilas , o  Grupo Vocal Tradicional de Seixo  e a agrupación  Os de Marín . A continuación, tivo lugar a ofrenda floral ante o monumento instalado neste espazo de lembranza e memoria. Tino Iglesias e Queta Molas presentan o acto de lembranza no Pozo da Revolta, onde foi asasinada Carmen Pesqueira "A Capirota" Interveción de Alberto Romero García, en representación de Arturo Maira,  portavoz do Manifesto en contra do franquismo nas Forzas Armadas , e actuación do Grupo Vocal Tradicional de Seixo. Intervención central, a cargo do historiador Bernando Máiz Vázquez, seguida da actuación da violinista Lía Vilas.

13 de setembro de 2019 | Conferencia "Militares leáis á República" de Xosé Álvarez Castro. Casa da Cultura de Seixo

O venres, día 13 de setembro, ás 20:00 horas, tivo lugar na Casa de Cultura de Seixo a  conferencia a cargo do investigador Xosé Álvarez Castro baixo o título “Militares leais á República” ; tema que centrou este ano os actos de setembro organizados dende a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín.   Deixamos aquí algunhas fotos e os vídeos da conferencia de Xosé Álvarez sobre os Militares leais á República.