Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

20 de abril, 19 horas - Biblioteca Pública Municipal - Presentación do libro Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937” do investigador marinense Sergio Balchada Outeiral.

O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, da man da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, presentará o mércores 20 de abril o libro “ Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937”   do investigador oriundo de Marín, Sergio Balchada Outeiral . O acto será as sete da tarde no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal de Marín (Avenida de Ourense s/n). A maiores da presenza do autor que disertará sobre o seu traballo de investigación, participarán a deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, María Ortega, e o secretario da asociación marinense, Tino Iglesias. Sergio Balchada, Satxa , como historiador e investigador ten numerosos artigos publicados nas revistas Luzes, Aztarna (Revista da Asociación do mesmo nome de Etnografía e Difusión do Alto Nervión), Estibaus (Boletín de Altzako Historia Mintegia) e en Nós Diario. Dende o ano 2014 publica o blog elgajedeloficio.wor

14 de abril

91 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA  II REPÚBLICA