Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2020

19 de xullo de 2020 | Homenaxe anual do movemento memoralístico galego na Illa de San Simón, Illa da Memoria

  A IGM rexeita en San Simón a permisividade co novo fascismo e lembra que a ultradereita non é unha ideoloxía senón a desaparición do pluralismo político “Toda alternativa política é lexítima dentro do respecto aos Dereitos Humanos e á defensa da igualdade de todas as persoas, titulares deses dereitos sen ningún tipo de exclusión. Dentro dese marco todo é discutíbel, fóra del só queda o fascismo fronte ao que ninguén debe facer concesións”, dicía o manifesto lido no acto da illa En nome da IGM, Queta Molas e Telmo Comesaña tiveron unhas palabras de lembranza para Antonio Nores, Pepe Francés, Chato Galante, Elvira Varela Bao, Margarita Caballero, Argimira Sánchez Valado e Mariquiña Villaverde, que ata o seu pasamento mantiveron acesa a chama da memoria das vítimas do golpe Redondela, 19 de xullo de 2020. Na voz do seu voceiro, Matías da Torre, a Iniciativa Galega pola Memoria rexeitou onte en San Simón “a normalización das forzas fascistas na nosa sociedade” e a “compracencia” co