Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

31 de decembro de 2019 | Homenaxe aos que defenderon a liberdade 1936-2019 | Fernando Salgado | Neé Barros | Paseo Alcalde Antonio Blanco

  Para pechar as actividades do ano 2019, o martes 31 de decembro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, organizou no Paseo Marítimo Alcalde Blanco, ás 13:00 h., o acto anual en lembranza dos veciños asasinados nesa mesma data de 1936: Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Armando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández. Interviron, nesta ocasión, Fernando Salgado Varela, xornalista e escritor, autor de numerosos artigos e traballos sobre a recuperación da nosa memoria silenciada, como o seu último libro, 1.306/36, sobre a historia e a causa do seu avó; e o poeta e escritor marinense Nee Barros. Acompañáronnos as cancións e a música de Samu Acuña, Amigos da Memoria e Pousos da Area. Á finalización tivo lugar a ofrenda floral, encabezada por familiares das persoas homenaxeadas.    

20 de decembro de 2019 | Proxección do documental “Memorial de Camposancos” de José Ballesta e Manxo Fernández | Biblioteca Pública "Vidal Pazos"

  A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín deu comenzo o venres, día 20, aos actos que cada ano organiza no mes de decembro, coa proxección do documental “Memorial de Camposancos”.   Tivo lugar ás 19:30 horas no salón de actos da Biblioteca Pública Municipal “Vidal Pazos” e contou coa presenza dos directores José Ballesta e Miguel Anxo Fernández.   A obra relata a historia deste campo de concentración franquista, durante os anos 1937 e 1938, reconstruída a través de testemuñas dos escasos supervivintes.

5 de decembro de 2019 | Pasamento de José Emilio "Lucho" Esperón Rodríguez, presidente de honra de ARMH Marín

  In memoriam     O ano 2019 foi especialmente duro co pasamento o 5 de decembro aos 93 anos de idade do presidente de honra da nosa Asociación, José Emilio “Lucho” Esperón Rodríguez , exemplo de dignidade para todas e todos nós.   Quisemos trasladar a súa familia todo o cariño e respeto que nos merecía a figura de Lucho e acompañar nese difícil momento a súa dona Josefa, a súa irmán Marinita e as fillas/os Alicia, Alejandra, Mariem, Graciela, Irene, María e Jorge.   Na súa esquela incluise unha frase de Séneca “Hace falta toda una vida para aprender a vivir”. Quédannos as conversas, os ánimos e o espíritu de loita que Lucho sempre sementou en nós.   A ARMH Marín quiso mostrar o seu agarimo á Lucho e a súa familia cun detalle floral.     Escasamente tres meses antes, o 12 de setembro, tamén nos deixaba aos 59 anos o noso amigo Quique Santiago Esperón , canteiro de profesión, que deixou con nós o seu comprom