Saltar ao contido principal

31 de decembro de 2019 | Homenaxe aos que defenderon a liberdade 1936-2019 | Fernando Salgado | Neé Barros | Paseo Alcalde Antonio Blanco

 



Para pechar as actividades do ano 2019, o martes 31 de decembro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, organizou no Paseo Marítimo Alcalde Blanco, ás 13:00 h., o acto anual en lembranza dos veciños asasinados nesa mesma data de 1936: Albino Agraso Santamaría, Antonio Blanco Solla, Armando Iglesias Pérez, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Santiago Ramos Ramos e Bernardino de la Torre Fernández.

Interviron, nesta ocasión, Fernando Salgado Varela, xornalista e escritor, autor de numerosos artigos e traballos sobre a recuperación da nosa memoria silenciada, como o seu último libro, 1.306/36, sobre a historia e a causa do seu avó; e o poeta e escritor marinense Nee Barros.

Acompañáronnos as cancións e a música de Samu Acuña, Amigos da Memoria e Pousos da Area. Á finalización tivo lugar a ofrenda floral, encabezada por familiares das persoas homenaxeadas.

 


 

















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro.  Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.