RÚA EN MEMORIA DE CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ "A CAPIROTA" Marín, 18 de agosto de 2018 "Hoxe é un día para falar da verdade, facer reparación e xustiza como ven pedindo a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín dende a súa constitución no noso concello, e xa van alá preto de vinte anos. Polo tanto, celebramos que a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego fora acollida por tódolos grupos políticos que forman a corporación municipal. Podemos dicir que o pobo de Marín é o que restitúe na figura de Carmen Pesqueira Domínguez o triunfo da liberdade que ela pensaba que tiña para expresar as súas ideas ou encararse cos que naqueles días andaban a meter medo na xente. Medo en Bueu, onde deixaron o corpo de Carmen no vello cemiterio onde segue a día de hoxe, xa que non permitiron que os pais puidesen levar de alí a súa filla. Medo en Cangas, onde foron buscar a Dolores Blanco Rodal que ferida puido escapar polo monte e dar testemuño dos feit...
Buscamos a recuperación e divulgación da memoria histórica de todas as persoas, marinenses, galegas e galegos, de moi diversas ideoloxías, leais á II República, que logo do levantamento militar de 1936 foron asesinadas, perseguidas, represaliadas, torturadas, inxustamente xulgadas, forzadas ó exilio ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista. Non pode entenderse o presente e construir o futuro se ignoramos o noso pasado. Verdade. Xustiza. Reparación