Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

21 de outubro - O RONSEL DA MEMORIA - Presentación do libro “ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS” de Roberto Mera Covas

  O RONSEL DA MEMORIA  Presentación do libro “ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS” O venres 21 de outubro no salón de actos do Museo Municipal “Manuel Torres” de Marín terá lugar a presentación do libro “ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS” de Roberto Mera Covas, editado por Belagua Ediciones. O acto terá lugar ás 20 horas e será conducido polo integrante da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Tino Iglesias. Roberto Mera recuperou do caixón das historias esquecidas ou non coñecidas, a vida e a extraordinaria odisea do seu tío bisavó, o deputado republicando iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó Alejandro Viana Esperón, un home íntegro e entregado aos demais, que participou activamente na evacuación duns 17.000 refuxiados republicanos de Francia a diversos países de América. Esta obra resultou gañadora do Premio Antón Losada Diéguez de Investigación 2022. O xurado destaco