Saltar ao contido principal

21 de outubro - O RONSEL DA MEMORIA - Presentación do libro “ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS” de Roberto Mera Covas

 

O RONSEL DA MEMORIA 

Presentación do libro “ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS”


O venres 21 de outubro no salón de actos do Museo Municipal “Manuel Torres” de Marín terá lugar a presentación do libro “ALEJANDRO VIANA. UN GALEGO Á FRONTE DO RESCATE DOS REFUXIADOS REPUBLICANOS” de Roberto Mera Covas, editado por Belagua Ediciones.

O acto terá lugar ás 20 horas e será conducido polo integrante da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Tino Iglesias.


Roberto Mera recuperou do caixón das historias esquecidas ou non coñecidas, a vida e a extraordinaria odisea do seu tío bisavó, o deputado republicando iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó Alejandro Viana Esperón, un home íntegro e entregado aos demais, que participou activamente na evacuación duns 17.000 refuxiados republicanos de Francia a diversos países de América.

Esta obra resultou gañadora do Premio Antón Losada Diéguez de Investigación 2022. O xurado destacou a “recuperación e investigación minuciosa sobre un persoeiro pouco coñecido para o gran público, que desenvolveu un labor importante na recuperación da dignidade dos refuxiados españois perdedores da guerra e da súa evacuación a América, cunha ética estrita, e participou na súa evacuación”.

A editorial trasládanos na contraportada do libro que “na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877-México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.

Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE),  Alejandro Viana organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.

Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra”.

 

Tamén grazas a axuda do investigador local Celso Milleiro, falaremos do vencello de Alejandro Viana co noso pobo, xa que estivo casado coa marinense Josefina Dotras Fábregas.

 

 SOBRE O AUTOR

Roberto Mera Covas (Ponteareas, 1971), é licenciado en Dereito e Ciencias Políticaseda Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. É avogado e politicólogo.

 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.