Saltar ao contido principal

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro. 





Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

31 DE DECEMBRO - ACTO DE LEMBRANZA NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO

Deixamos aquí imaxes e algún vídeo das intervencións no acto celebrado o pasado 31 de decembro no Paseo Alcalde Antonio Blanco. FORON CINCUENTA ANOS DE AMOR, PERO EN SILENCIO.  NUNCA VOS ESQUECEREMOS Esta frase é do 12 de novembro de 1986, cando se cumprían cincuenta anos do golpe de estado xenocida que sementou o terror. A frase encabezaba unha nota necrolóxica que a familia de Luis Poza e Jose Adrio publicaran en prensa no aniversario dos seus fusilamentos. Aquela  noite en Pontevedra foran asasinadas dez persoas. Todos tiñan en común ter sido incluídas no grupo que os golpistas consideraban necesario exterminar. Os que chamaron “rojos”. Lonxe do bolchevismo e o judeomasónico, o que tiñan en común, o que facía preciso que estes foran exterminados era a defensa da fraternidade, da liberdade, da igualdade. Da democracia. Os sublevados, os golpistas, querían que o réxime instaurado perdurase, e para iso a aniquilación deles era precisa.  Tamén dos seis  veciños de Mar...

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.

ACTO ANUAL DE HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

O domingo, día 18 de agosto, reunímonos na Praza de Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, para rendirlle xusta homenaxe.