18 de agosto de 2019 | Acto de homenaxe a Carmen Pesqueira "A Capirota" na praza que leva o seu nome.
O pasado 18 de agosto lembramos a Carmen Pesqueira Domínguez "A Capirota" , na praza que leva o seu nome. Queta Otero, a presidenta da asociación, presentou o acto: "Cúmprese hoxe un ano en que o pobo de Marín restitúe co nome desta praza de Carmen Pesqueira Domínguez o recoñecemento a unha muller que levantou a súa voz contra os que naqueles días de agosto andaban a meter medo na xente levando a cabo un plan estratéxico para aniquilar á clase traballadora ,non foi un feito illado senón contra as persoas que defenderon as ideas republicanas . Neste 18 de agosto recordamos a Carmen,asasinada, privada da súa vida para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa súa voz contra o novo réxime implantado polos militares golpistas. Esa mesma noite foron buscar a Cangas a Dolores Blanco Montes e as dúas compartiron a tráxica viaxe ata o Pozo da Revolta e aínda que Lola puido saír con vida fuxindo polo monte a súa vida foi un inferno pola brutal repre...