Venres 21 de outubro de 2022 - 20 horas Salón de actos Museo Municipal "Manuel Torres" - Marín Acto de presentación do libro "Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" (2021, Belagua Ediciones) de Roberto Mera Covas. Libro galardonado co Premio Antón Losada Diéguez 2022 (Investigación e Ensaio). Venres 18 de novembro de 2022 - 20 horas Salón de actos Museo Municipal "Manuel Torres" - Marín Acto de presentación do libro "Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)" (2022, Edicións Xerais de Galicia) de Xosé Álvarez Castro.
Buscamos a recuperación e divulgación da memoria histórica de todas as persoas, marinenses, galegas e galegos, de moi diversas ideoloxías, leais á II República, que logo do levantamento militar de 1936 foron asesinadas, perseguidas, represaliadas, torturadas, inxustamente xulgadas, forzadas ó exilio ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista. Non pode entenderse o presente e construir o futuro se ignoramos o noso pasado. Verdade. Xustiza. Reparación