Saltar ao contido principal

25 de setembro de 2022 | Acto de homenaxe ás/aos que defenderon a liberdade no Pozo da Revolta en Bagüín-Mogor (Lugar de Memoria)

 


A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza o acto anual no lugar do Pozo da Revolta, en Bagüín, en lembranza e homenaxe ás veciñas e veciños que defenderon a liberdade, como Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”, lavandeira de 29 anos asasinada o 18 de agosto do 36, Elsa Omil, rapada polos falanxistas, e Antonio Martínez Alfonso, canteiro, Augusto Alfonso González, canteiro de 44 anos, e Cristóbal Peñín Alonso, industrial de 42 anos, asasinados o 14 de setembro de 1937.

O acto dará comezo ás 13:00h. e participarán, nesta ocasión, representantes das asociacións de memoria histórica da comarca. Pola Asociación Amigos de Johán Carballeira, de Bueu, intervirá Xosé Novas Piñeiro, pola Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto, de Cangas, intervirá Iago Santos Castroviejo e pola Asociación Cultural Irmandade do Dolmen, de Moaña, falará Luis Chapela Bermúdez; ademáis de Queta Otero “Molas”, por parte da ARMH de Marín. Contaremos coas actuacións musicais de A Revolta, grupo de folk combativo, e Os de Marín, grupo de gaitas tradicional.


   





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.