Saltar ao contido principal

Lugares de Memoria en Marín



 LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN


Cemiterio da Raña



O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión.

Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio.

Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu. 


Coordenadas







 




******************************************************

Cruz da Maceira


PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con)
Coordenadas




Paseo "Alcalde Antonio Blanco"









Pozo da Revolta

Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)  ao carón da PO-511 nº 170

Coordenadas: 42.378624,-8.724823

https://goo.gl/maps/TfGhneVTkvfPqg6x5










Carme, A Capirota,
tocouche vivir nun tempo de tronos,
fartácheste de traballar
e por mais que lavaches e lavaches
para señoritos insatisfeitos,
non te libraches da súa brutalidade,
a tú condición de muller solidaria
levolute a sufrir a súa atrocidade.
O pozo da Revolta recolleu o teu corpo
despois do horror,
e neste lugar
floreceron mil rosas vermellas,
mil paxaros anunciaron a túa valentía,
e toda a ría foi testemuña
da dor e do valor dunha muller.

  Manolo Graña                          

Praza Carmen Pesqueira "A Capirota"

Rúa da Roda, 23 - Marín (36900 Pontevedra)

Coordenadas: 42.392101,-8.70094

https://www.google.es/maps/@42.3921309,-8.7011665,3a,84.5y,54.49h,86.14t/data=!3m8!1e1!3m6!1sAF1QipPiXtSmIEFZT5wP3lZKPdN4pA1DY8MKiJ4caxB6!2e10!3e11!6shttps:%2F%2Flh5.googleusercontent.com%2Fp%2FAF1QipPiXtSmIEFZT5wP3lZKPdN4pA1DY8MKiJ4caxB6%3Dw203-h100-k-no-pi-0-ya160.90318-ro-0-fo100!7i10240!8i5120


Atendendo ao acordo unánime do Pleno do Concello de Marín celebrado o 9 de maio de 2018, a iniciativa do grupo municipal do BNG, tivo lugar o descubrimento dunha placa conmemorativa na nova Praza e Xardín que leva o nome da nosa veciña na Rúa da Roda, coa presenza e participación de familiares da homenaxeada.

 

O Concello de Marín solicitou a colaboración activa da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín para a organización do acto público










Pedra da Liberdade




                           

Comentarios

Publicacións populares deste blog

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro.  Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.