Saltar ao contido principal

27 de setembro - Presentación do libro "Caminos de Resistencia" de Francisco Martínez López "El Quico"

 


O martes 27 de setembro ás 20 horas no salón de actos do Museo Municipal “Manuel Torres” de Marín terá lugar a presentación do libro “CAMINOS DE RESISTENCIA” de Francisco Martínez López El Quico.

Participará o propio autor e a súa filla e investigadora Odette Martínez-Maler. Presentará e moderará o acto o compañeiro da ARMH Marín, Tino Iglesias.

Con carácter previo terá lugar a estrea do videoclip da canción "Mañán a noite" do grupo Mardeafora, colaborador habitual da ARMH Marín. Un tema que fala da recuperación da memoria histórica, e que lembra a aquelas persoas que individual e colectivamente, tamén a través das asociacións, loitan contra o esquecemento e pola dignidade arrebatada.

https://youtu.be/CIURXDUEWBk

 

****************************

Quico naceu o 1 de outubro de 1925 en Cabañas Raras, preto de Ponferrada, no seo dunha familia campesiña. Foi enlace nos servizos de información republicana da Federación de Guerrillas de León-Galicia de 1944 a 1947. De 1947 a 1951, integrado na Segunda Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia-León, combateu no grupo de Manuel Girón. Exiliouse a Francia en setembro de 1951. Foi membro activo do Partido Comunista de España dende 1944, secretario xeral do PCE en Francia de 1977 a 1990 e membro do comité central de 1983 a 1991.

No ano 1994 regresou a España adicándose dende entón á loita pola rehabilitación dos guerrilleiros antifranquistas, en particular no marco da asociación “Archivo, Guerra y Exilio”, impulsando numerosos actos de memoria como foron as Caravanas da Memoria de 2000 e 2002. É presidente de honor da asociación “Guerra, Exilio y Memoria Histórica del País Valenciano” (AGEPV).

O libro “CAMINOS DE RESISTENCIA” transmite e documenta, dende abaixo e dende dentro, a partires da súa memoria sensible e persoal, unha experiencia de resistencia moi particular e que non atopamos nos arquivos oficiais dos tribunais militares da ditadura, nos da garda civil ou nos propios do PCE.


                                                     ****************************

Voltaremos a ter connosco, unha vez máis, a Quico tras o seu paso por Marín o 13 de novembro de 2012 para dar unha charla e o posterior coloquio cos asistentes, e posteriormente o 26 de outubro de 2014 participando nun acto poético-musical no multiusos da praza de abastos.

 

 

Marín, 13 de novembro de 20212. Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos"
Fonte: http://www.xoanarcodavella.com/2012/11/francisco-martinez-quico.html


Marín, 26 de outubro de 2014- Multiusos da Praza de Abastos
Fonte: ARMH Marín



 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

POZO DA REVOLTA, SETEMBRO 2024

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco