Saltar ao contido principal

5 de decembro de 2019 | Pasamento de José Emilio "Lucho" Esperón Rodríguez, presidente de honra de ARMH Marín

 

In memoriam

 


 

O ano 2019 foi especialmente duro co pasamento o 5 de decembro aos 93 anos de idade do presidente de honra da nosa Asociación, José Emilio “Lucho” Esperón Rodríguez, exemplo de dignidade para todas e todos nós.

 

Quisemos trasladar a súa familia todo o cariño e respeto que nos merecía a figura de Lucho e acompañar nese difícil momento a súa dona Josefa, a súa irmán Marinita e as fillas/os Alicia, Alejandra, Mariem, Graciela, Irene, María e Jorge.

 

Na súa esquela incluise unha frase de Séneca “Hace falta toda una vida para aprender a vivir”. Quédannos as conversas, os ánimos e o espíritu de loita que Lucho sempre sementou en nós.

 

A ARMH Marín quiso mostrar o seu agarimo á Lucho e a súa familia cun detalle floral.

 

 





Escasamente tres meses antes, o 12 de setembro, tamén nos deixaba aos 59 anos o noso amigo Quique Santiago Esperón, canteiro de profesión, que deixou con nós o seu compromiso nos lugares de memoria da Cruz da Maceira e o Cemiterio da Raña.

Comentarios