Saltar ao contido principal

15 de setembro de 2019 | Acto de homenaxe ás/aos que defenderon a liberdade no Pozo da Revolta en Bagüín-Mogor para lembrar aos militares leais á República. Intervención de Bernardo Máiz






O domingo 15 de setembro celebramos o acto central do mes de setembro no Lugar da Memoria situado no Pozo da Revolta, en Bagüín, na parroquia de Seixo. Comenzou ás 13:00 horas e contamos coa intervención do historiador Bernardo Máiz Vázquez, acompañado da palabra de Arturo Maira e as intervencións musicais de Lía Vilas, o Grupo Vocal Tradicional de Seixo e a agrupación Os de Marín.

A continuación, tivo lugar a ofrenda floral ante o monumento instalado neste espazo de lembranza e memoria.




Tino Iglesias e Queta Molas presentan o acto de lembranza no Pozo da Revolta, onde foi asasinada Carmen Pesqueira "A Capirota"


Interveción de Alberto Romero García, en representación de Arturo Maira,  portavoz do Manifesto en contra do franquismo nas Forzas Armadas, e actuación do Grupo Vocal Tradicional de Seixo.


Intervención central, a cargo do historiador Bernando Máiz Vázquez, seguida da actuación da violinista Lía Vilas.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.

ACTO ANUAL NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO

O pasado 31 de decembro, o acto de HOMENAXE E LEMBRANZA ÁS PERSOAS QUE DEFENDERON A LIBERDADE xuntounos un ano máis no Paseo Alcalde Blanco. Queta Molas, presidenta da ARMH de Marín, presentou o acto e a continuación leu a carta que o alcalde Antonio Blanco escribíu á familia dende o cárcere.  O investigador e escritor Xosé Álvarez Castro, centrou o acto coa súa exposición sobre a represión no ámbito do ensino, concretada nas vidas de tres profesores do instituto de Pontevedra: Juan Carlos Villar García, Mariano García Martínez e Celestino Noya Rodríguez. Uxía Lubián Pardellas deu lectura á carta que o seu avó escribira ao pai, mestre tamén naqueles anos oscuros. A música de Ulises Trío acompañounos durante o acto. Como remate, fíxose a tradicional ofrenda floral.