Saltar ao contido principal

ACTO ANUAL NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO


O pasado 31 de decembro, o acto de HOMENAXE E LEMBRANZA ÁS PERSOAS QUE DEFENDERON A LIBERDADE xuntounos un ano máis no Paseo Alcalde Blanco.

Queta Molas, presidenta da ARMH de Marín, presentou o acto e a continuación leu a carta que o alcalde Antonio Blanco escribíu á familia dende o cárcere.



 O investigador e escritor Xosé Álvarez Castro, centrou o acto coa súa exposición sobre a represión no ámbito do ensino, concretada nas vidas de tres profesores do instituto de Pontevedra: Juan Carlos Villar García, Mariano García Martínez e Celestino Noya Rodríguez.

Uxía Lubián Pardellas deu lectura á carta que o seu avó escribira ao pai, mestre tamén naqueles anos oscuros. A música de Ulises Trío acompañounos durante o acto.


Como remate, fíxose a tradicional ofrenda floral.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro.  Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.