Saltar ao contido principal

90 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA

Manifesto

No 90ª aniversario da II República, queremos lembrar e homenaxear aos homes e mulleres que o martes 14 de abril de 1931, ás 7 da tarde, organizan unha gran manifestación para proclamar a República en Marín.
Ata Cantodarea e Estribela chegaba unha multitude escoltada polas bandeiras das sociedades obreiras e coa bandeira republicana ao fronte, despois de pasar pola Ponte da Liberdade, onde estaba a pedra testemuña de momentos históricos da nosa vila.
Na cabeza da manifestación van os presidentes e dirixentes do Centro Republicano local e Sociedades obreiras, rematando no Pazo Municipal.

 
Gonzalo Martín March
En presenza do alcalde ízase a bandeira republicana entre os entusiastas aplausos da multitude e Agustín Rey toma a palabra para expresar o que significa a proclamación da República no que respecta á orde, á xustiza e á liberdade, sendo moi aplaudido. Antes de disolverse a manifestación, o presidente do Centro Republicano, Gonzalo Martín March, pide aos asistentes non arriar a bandeira republicana sen antes defendela apaixonadamente.


Lembrando aquel ilusionante período da nosa historia e ás veciñas e   veciños que o protagonizaron, a ARMH de Marín apoia o manifesto   Galiza pola República; tal como se expresa no mesmo, queremos unha   República laica, sen privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e  radicalmente democrática, que acabe coa impunidade e condene os   crimes conta humanidade cometidos durante a Ditadura. Avogamos por   un novo 14 de abril que liquide definitivamente o franquismo,   incrustado   nas institucións, e permita a libre expresión de quen   considere que se poden mudar as estruturas do Estado para facelas máis   transparentes, participativas e ao servizo da cidadanía.

Vai para todas aquelas persoas que sufriron a represión e persecución, o noso recordo e admiración; honramos a súa memoria e, como fixeron hai 90 anos, agora nós repetimos un sentido e esperanzador berro de Viva a República!!

Marín, 14 de abril de 2021


ACTAS DA TOMA DE POSESIÓN DA XUNTA REPUBLICANA E DA PRIMEIRA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA PRIMEIRA CORPORACIÓN REPUBLICANA DE MARÍN, 15 DE ABRIL DE 1931



Marín 1934


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.

ACTO ANUAL DE HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

O domingo, día 18 de agosto, reunímonos na Praza de Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, para rendirlle xusta homenaxe.