Saltar ao contido principal

Publicacións populares deste blog

31 DE DECEMBRO - ACTO DE LEMBRANZA NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO

Deixamos aquí imaxes e algún vídeo das intervencións no acto celebrado o pasado 31 de decembro no Paseo Alcalde Antonio Blanco. FORON CINCUENTA ANOS DE AMOR, PERO EN SILENCIO.  NUNCA VOS ESQUECEREMOS Esta frase é do 12 de novembro de 1986, cando se cumprían cincuenta anos do golpe de estado xenocida que sementou o terror. A frase encabezaba unha nota necrolóxica que a familia de Luis Poza e Jose Adrio publicaran en prensa no aniversario dos seus fusilamentos. Aquela  noite en Pontevedra foran asasinadas dez persoas. Todos tiñan en común ter sido incluídas no grupo que os golpistas consideraban necesario exterminar. Os que chamaron “rojos”. Lonxe do bolchevismo e o judeomasónico, o que tiñan en común, o que facía preciso que estes foran exterminados era a defensa da fraternidade, da liberdade, da igualdade. Da democracia. Os sublevados, os golpistas, querían que o réxime instaurado perdurase, e para iso a aniquilación deles era precisa.  Tamén dos seis  veciños de Marín que, pouco máis

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.

18 de agosto de 2020 | Acto de homenaxe e recoñecemento a Carmen Pesqueira "A Capirota”

  O  martes 18 de agosto, ás 12:30 h ., celebramos un sinxelo homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”. Dadas as circunstancias derivadas da pandemia covid-19, foi un pequeno acto simbólico de lembranza depositando un ramo   na praza que leva o nome desta veciña , “muller valente e loitadora polos dereitos dos traballadores“ (como reza a praca instalada o día da inauguración de dita praza en agosto de 2018), que se enfrontou “á manada fascista”. No 84 aniversario do seu fusilamento, queremos seguir lembrando a memoria da muller  que tivo a ousadía de encararse aos que truncaron un tempo de esperanza que supuxo a II República para a clase traballadora . Xunto a ela, quedou ferida de bala Dolores Blanco Rodal que puido fuxir polo monte e contar os feitos. O nome de Carmen Pesqueira trascende no tempo como  referente da loita pola liberdade, a igualdade e a democracia máis alá da historia de Marín,  formando parte de exposicións, proxectos e mesmo obras literarias, como símb