Saltar ao contido principal

18 de agosto de 2022 | Acto de homenaxe a Carmen Pesqueira "A Capirota" na praza que leva o seu nome.

 




Neste 18 de agosto ás 13 horas na praza e xardín que leva o seu nome na rúa da Roda, recordaremos a Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”, asasinada, privada da súa vida para escarmento das que ousaran levantarse aínda que só fora coa súa voz contra o novo réxime implantado polos militares golpistas. Esa mesma noite foron buscar a Cangas a Dolores Blanco Montes e as dúas compartiron a tráxica viaxe ata o Pozo da Revolta e aínda que Lola puido saír con vida fuxindo polo monte a súa vida foi un inferno pola brutal represión contra ela e a súa familia.

Este ano contaremos coa presenza de Asún Bernárdez Rodal autora do libro “Lola, filla de Cangas” e editado no ano 2020 pola Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas.

Asún Bernárdez é Catedrática de Periodismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Especializada nos estudios de Comunicación e Xénero, Semiótica dos Medios de Masas e Teoría da Información.

É Doutora en Periodismo e Licenciada en Filoloxía Hispánica. Dirixiu o Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de 2011 ao 2019. Foi tamén coordinadora do Programa de Doutorado en Estudos Feministas e de Xénero y do Máster en Estudos Feministas. Formou parte da comisión de expert@s para a violencia de xénero nos medios de comunicación do Ministerio de Igualdade.

Tamén contaremos coa participación da compañeira da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Ana Acuña Trabazo.

Finalizaremos o acto coa actuación musical do grupo de folk combativo “A Revolta”.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro.  Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.