Neste 18 de agosto cúmprese o 85 aniversario do fusilamento de Carmen Pesqueira Domínguez. Carmen nace na Mouta o 1 de xuño de 1907 no seo dunha familia numerosa de catro mulleres chave na súa vida de loita para saír adiante. A súa nai, costureira, que para axudar á economía familiar pasou a vender o peixe que o seu home traía na chalana e xunto coas peixeiras do cedo chegaba á Portela, en Barro, para vendelo e facer troco, maiormente por patacas ou fariña. Blanca era cociñeira no Polígono, que logo tivo que deixar, e Antonia que tiña 8 anos cando mataron a Carmen e que a nai, atemorizada, quitou da escola sen apenas ler nin escribir. Despois coidaría do fillo de Carmen. No 1936 Carmen tiña 29 anos e un fillo de solteira de catro anos. Era moi independente e pranchaba e lavaba a roupa dos oficiais do Polígono. Tiña un cuarto alugado no Priorato onde traballaba e vivía co seu fillo. Era republicana e no Polígono regaláronlle un cadro enmarcado dos capitáns Galán e García Hernández...
Buscamos a recuperación e divulgación da memoria histórica de todas as persoas, marinenses, galegas e galegos, de moi diversas ideoloxías, leais á II República, que logo do levantamento militar de 1936 foron asesinadas, perseguidas, represaliadas, torturadas, inxustamente xulgadas, forzadas ó exilio ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista. Non pode entenderse o presente e construir o futuro se ignoramos o noso pasado. Verdade. Xustiza. Reparación