Durante moito tempo as vítimas foron o centro de atención nos estudos sobre a represión franquista, era xusto e necesario que ocupasen o lugar principal na recuperación da memoria e dar a coñecer as súas historias de vida a toda a poboación. Pero no relato histórico hai unha ausencia, un silencio que chama a atención e que é o do nome dos asasinos. Porque non hai vítimas sen verdugos e as persoas que perderon a vida non o fixeron por morte natural ou, como se di ás veces, nunha guerra civil que aquí non tivo fronte de batalla. Detrás de cada “hemorraxia interna”, de cada “síncope cardiaco”, que constan no rexistro, houbo as balas dunha pistola ou dun fusil, unhas persoas que apertaron o gatillo, outras que decidiron a quen había que eliminar, uns tribunais visibles que asinaron as sentencias ou uns tribunais secretos que decidiron a quen pasear. Houbo tamén unha parte da poboación que delatou, que colaborou ou que mirou para outro lado. Distintos graos de responsabilidade a fin d...