Abre o acto a presidenta da ARMH de Marín, Enriqueta Otero: " En primeiro lugar imos recordar neste 93 aniversario da República a Umbelina Briones López, que hoxe estaría aquí connosco celebrando este acto como acostumaba facelo cada 14 de abril e acompañándonos nos actos da Memoria, da que ela foi fiel testemuña ao longo da súa dilatada vida. Lembramos tamén a Chelo Santos Alfonso, que dun xeito inesperado nun puido chegar ata este día para estar coa lealdade que sempre amosou coa Memoria de Marín. A nosa gratitude para ámbalas dúas e con elas recordemos agora aquel 14 de abril de 1931, cando ás sete da tarde se organiza unha gran manifestación na Rúa do Sol, para proclamar a República en Marín. Iníciase a manifestación coa bandeira republicana ao fronte. Escoltada polas bandeiras das sociedades obreiras unha impoñente multitude dirixiuse á Ponte da Liberdade e percorreu seguidamente as principais rúas da vila, chegando ata Cantodarea e Estribela. Ao fronte ían os presidentes e...
Buscamos a recuperación e divulgación da memoria histórica de todas as persoas, marinenses, galegas e galegos, de moi diversas ideoloxías, leais á II República, que logo do levantamento militar de 1936 foron asesinadas, perseguidas, represaliadas, torturadas, inxustamente xulgadas, forzadas ó exilio ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista. Non pode entenderse o presente e construir o futuro se ignoramos o noso pasado. Verdade. Xustiza. Reparación