Saltar ao contido principal

EXPOSICIÓN DO GRIS AO VIOLETA

Ata o vindeiro día 19 poderase visitar no Museo Manuel Torres a exposición Do Gris ao Violeta, do Concello de Pontevedra; a mostra trata de manter viva a memoria das mulleres represaliadas durante a Ditadura Franquista polo seu activismo político e social. 

Quedan aquí algunhas fotos do acto inaugural do pasado xoves, no que Montse Fajardo, autora de Matriarcas e Un cesto de mazás, memoria das vítimas do 36 e do tempo que pasou, ofreceu unha conferencia sobre a represión ás mulleres tras o golpe de estado; na mesa estivo acompañada por Ana Acuña, como representante da Asociación da Memoria de Marín, e por Luís Bará, autor do libro Non des a esquecemento.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.