Hoxe asistimos á inauguración da exposición Rexas, mulleres baixo o terror franquista, no Concello de Silleda; unha mostra promovida pola Diputación de Pontevedra e coordinada por Montse Fajardo, que recolle a historia de 172 pontevedresas perseguidas, asasinadas, agredidas...e que chegará a Marín o vindeiro mes de setembro.
Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.
Comentarios
Publicar un comentario