Saltar ao contido principal

ABRIL REPUBLICANO


         




























Na obra Ai, Carmela!, elexía dunha Guerra Civil, aparecen tres Españas: a dos vencedores, obvia e sempre presente; a que representa Carmela, que acaba morta ou no exilio; e a que representa Paulino, sobrevivinte que acaba asumindo o sometemento e perda dos seus ideais, disposto mesmo ao esquecemento. 
Nela faise un elevado acto de xustiza poética con todos os mortos, non só os da Guerra Civil Española, senón cos de todas as guerras.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

93 ANIVERSARIO DA II REPÚBLICA

  Abre o acto a presidenta da ARMH de Marín, Enriqueta Otero: " En primeiro lugar imos recordar neste 93 aniversario da República a Umbelina Briones López, que hoxe estaría aquí connosco celebrando este acto como acostumaba facelo cada 14 de abril e acompañándonos nos actos da Memoria, da que ela foi fiel testemuña ao longo da súa dilatada vida. Lembramos tamén a Chelo Santos Alfonso, que dun xeito inesperado nun puido chegar ata este día para estar coa lealdade que sempre amosou coa Memoria de Marín. A nosa gratitude para ámbalas dúas e con elas recordemos agora aquel 14 de abril de 1931, cando ás sete da tarde se organiza unha gran manifestación na Rúa do Sol, para proclamar a República en Marín. Iníciase a manifestación coa bandeira republicana ao fronte. Escoltada polas bandeiras das sociedades obreiras unha impoñente multitude dirixiuse á Ponte da Liberdade e percorreu seguidamente as principais rúas da vila, chegando ata Cantodarea e Estribela. Ao fronte ían os presidentes e...

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.