Saltar ao contido principal

15555 a 31 de decembro de 2018 | Exposición "Frances Boix, el fotógrafo de Mauthausen" | ARMH | Carmen Gª Rodeja, Queta Otero, Xosé Novás, Mardeafora, Lucía Novas, Neé Barros | Museo Manuel Torres

O vindeiro sábado, 15 de decembro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín abre os actos deste mes coa inaguración da exposición "Boix, fotógrafo de Muathausen", que terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres ás 12:30 h.


 Francisco Boix (Barcelona, agosto de 1920-París, xullo 1951) axudou a condenar a barbarie nazi grazas ás fotografías que sacou do campo de concentración e que serviron de proba durante os xuizos de Nuremberg. A súa vida empezou a ser coñecida grazas ao documental “Francisco Boix: un fotógrafo en el infierno” de Llorenç Soler, que descubreu a súa historia e o seu arquivo en 1974. Boix chegou ao campo o 27 de xaneiro de 1941 e ser fotógrafo e saber alemán permiteulle retratar o horror; fotografaba todo o que lle ordenaban e tamén revelaba todas as fotografías dos oficiais das SS. Logrou rescatar os negativos e publicar as fotos, que conmocionaron ao mundo; grazas ao seu traballo e á súa testemuña foron condenados moitos responsables da masacre nazi. A súa historia está agora nos cines, coa película “El fotógrafo de Mauthausen”, estrenada o pasado mes de outubro.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro.  Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.