Saltar ao contido principal

31 de decembro de 2018 | "Homenaxe aos que defenderon a liberdade 1936-2018". Paseo "Alcalde Antonio Blanco | Intervención de Xaime Toxo " A fidelidade da memoria histórica"












Como cada 31
de decembro, reunímonos no Paseo Alcalde Antonio Blanco para lembrar e rendir sentida homenaxe ás persoas que defenderon a liberdade e a democracia contra a barbarie franquista.



Enriqueta Otero, presidenta da ARMH de Marín, abreu o encontro dando lectura ao manifesto deste ano.







Xaime Toxo, como presidente do colectivo convidado este ano, o Ateneo de Pontevedra, centrou o acto co seu discurso sobre A fidelidade da Memoria Histórica. 
(Pincha aquí para acceder ao texto íntegro).








Nee Barros ofrécenos un novo relato que nos emociona, nesta ocasión rescatado da memoria da súa propia familia.

A música ten sempre un papel importante nos nosos actos; desta vez, as voces de Amigos da Memoria envolveron as lembranzas e os desexos de xustiza, verdade e reparación.
O grupo de gaitas Os de Marín acompañaron a ofrenda floral de familiares e público presente, ante o monumento instalado no Paseo Alcalde Antonio Blanco.
















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.

ACTO ANUAL NO PASEO ALCALDE ANTONIO BLANCO

O pasado 31 de decembro, o acto de HOMENAXE E LEMBRANZA ÁS PERSOAS QUE DEFENDERON A LIBERDADE xuntounos un ano máis no Paseo Alcalde Blanco. Queta Molas, presidenta da ARMH de Marín, presentou o acto e a continuación leu a carta que o alcalde Antonio Blanco escribíu á familia dende o cárcere.  O investigador e escritor Xosé Álvarez Castro, centrou o acto coa súa exposición sobre a represión no ámbito do ensino, concretada nas vidas de tres profesores do instituto de Pontevedra: Juan Carlos Villar García, Mariano García Martínez e Celestino Noya Rodríguez. Uxía Lubián Pardellas deu lectura á carta que o seu avó escribira ao pai, mestre tamén naqueles anos oscuros. A música de Ulises Trío acompañounos durante o acto. Como remate, fíxose a tradicional ofrenda floral.