Saltar ao contido principal

18 de agosto de 2020 | Acto de homenaxe e recoñecemento a Carmen Pesqueira "A Capirota”

 


martes 18 de agosto, ás 12:30 h., celebramos un sinxelo homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez “A Capirota”. Dadas as circunstancias derivadas da pandemia covid-19, foi un pequeno acto simbólico de lembranza depositando un ramo  na praza que leva o nome desta veciña, “muller valente e loitadora polos dereitos dos traballadores“ (como reza a praca instalada o día da inauguración de dita praza en agosto de 2018), que se enfrontou “á manada fascista”.

No 84 aniversario do seu fusilamento, queremos seguir lembrando a memoria da muller  que tivo a ousadía de encararse aos que truncaron un tempo de esperanza que supuxo a II República para a clase traballadora . Xunto a ela, quedou ferida de bala Dolores Blanco Rodal que puido fuxir polo monte e contar os feitos.

O nome de Carmen Pesqueira trascende no tempo como  referente da loita pola liberdade, a igualdade e a democracia máis alá da historia de Marín,  formando parte de exposicións, proxectos e mesmo obras literarias, como símbolo do empoderamento das mulleres, sendo pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade en xeral, e da galega en particular.

Reivindicamos neste acto o dereito á verdade e á reparación que esixen as vítimas, como un deber moral da democracia española para que a impunidade dea paso á xustiza.



Adxuntamos fotos de varios momentos da homenaxe realizada hoxe a Carmen Pesqueira, A Capirota, na praza que leva o seu nome, coa presencia de veciñas, veciños e familiares.






Palabras de Enriqueta Otero, presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín:

"Neste ano diferente volvemos no 84 aniversario do fusilamento de Carmen Pesqueira porque seguimos a lembrar a memoria da muller que se encarou aos golpistas que truncaron un tempo de esperanza que supuxo a II República para a oprimida clase traballadora. Lembramos tamén á súa compañeira Dolores Blanco Rodal, que ferida de bala puido fuxir polo monte e ser testemuña desta atrocidade.

Dende aquí pedimos que a impunidade dea paso á xustiza e recordamos que o dereito á verdade e á reparación que esixen as vítimas é un deber moral da democracia española."


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro.  Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.