Saltar ao contido principal

31 de decembro de 2020 | convocatorias Asembleas Anual Ordinaria e Extraordinaria a celebrar o 31 de decembro de 2020 (suspendidas con anterioridade polo pandemia Covid-19)





xoves 31 de decembro de 2020 iniciouse ás 12:20 horas no local social do Ateneo Santa Cecilia a ASEMBLEA EXTRAORDINARIA coa seguinte Orde do día: 

- Cese da actual Xunta Directiva ao finalizar o período de catro anos do seu mandato (capítulo II, artigo 6).

- Elección e nomeamento de nova Xunta Directiva (capítulo II, artigo 6)

Finalizou as 12:40 horas coa reelección ate o ano 2024 da actual Xunta Directiva da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, composta por:

Presidenta:

Enriqueta R. Otero Farto

       

Vicepresidenta:

Carmen Moreira Blanco

 

Secretario:

Constante Iglesias García - "Tino Iglesias"        

 

Tesoureiro:

Xulio Pardellas de Blas

 

Vogais:                                                                                                             

Ana Acuña Trabazo                                                                                 

Andrés Pena Méndez                                                                            

Ángel Taboada Paz                                                                                  

Carlos Villegas García                                                                             

Enrique Iglesias Pazos                                                                            

María Eugenia Hervés Beloso                                                             

Miguel Anxo González Anleo Arroyo                                               

Milagros Bouzón Castroagudín                                                           

Xosé Luis Pallín Justo

Xosé Vilas Graña                                                                                      



Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria

Segundo o capítulo III (artigos 16 a 21) dos Estatutos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, a Presidenta convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no lugar e datas que seguen:

Data: xoves 31 de decembro de 2020

Hora: ás 10:30 horas en 1ª convocatoria e ás 11:00 horas en 2ª convocatoria.

Lugar: local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno 42 – 36900 Marín).


Orde do día: 

- Benvida e apertura da Asemblea.

- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 

- Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ó exercicio 2019. 

- Memoria de actividades 2019. 

- Propostas e actividades 2020. 

- Rogos e preguntas.

Agardamos contar coa túa presenza.

Un saúdo.

 

Marín, 16 de decembro de 2020

 

Enriqueta Otero Farto

Presidenta da ARMH Marín


***********************************************************************


Convocatoria Asemblea Extraordinaria

Segundo o establecido nos Estatutos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, a Presidenta convoca a ASEMBLEA EXTRAORDINARIA no lugar e datas que seguen:

Data: xoves 31 de decembro de 2020

Hora: ás 11:30 horas en 1ª convocatoria e ás 12:00 horas en 2ª convocatoria.

Lugar: local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno 42 – 36900 Marín).

 

Orde do día: 

- Cese da actual Xunta Directiva ao finalizar o período de catro anos do seu mandato (capítulo II, artigo 6).

- Elección e nomeamento de nova Xunta Directiva (capítulo II, artigo 6)

 

Agardamos contar coa túa presenza.

Un saúdo.

 

Marín, 16 de decembro de 2020

 

Enriqueta Otero Farto

Presidenta da ARMH Marín


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.

ACTO ANUAL DE HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

O domingo, día 18 de agosto, reunímonos na Praza de Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, para rendirlle xusta homenaxe.