Buscamos a recuperación e divulgación da memoria histórica de todas as persoas, marinenses, galegas e galegos, de moi diversas ideoloxías, leais á II República, que logo do levantamento militar de 1936 foron asesinadas, perseguidas, represaliadas, torturadas, inxustamente xulgadas, forzadas ó exilio ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista.
Non pode entenderse o presente e construir o futuro se ignoramos o noso pasado.
Verdade. Xustiza. Reparación
Buscar neste blog
SAN SIMÓN, ILLA DA MEMORIA
O pasado 18 de xullo volvemos xuntarnos na illa de San Simón, aínda que coas restricións debidas, para o acto nacional en memoria das vítimas do franquismo. Nesta ocasión houbo un recoñecemento especial a dúas das persoas referentes para o movemento memorialístico galego.
Una delas, xunto a Telmo Comesaña da asociación viguesa Memoria do 36, foi a presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, Queta Otero Farto (Queta Molas).
Intervención de Eva Mejuto, autora do libro "A Lavandeira de San Simón", que nos fala das "madriñas" dos presos e da "historia negra desta illa" dende a ollada das mulleres e das nenas e nenos.
Intervención de Carlos Babío, coautor de "Meirás: un pazo, un caudillo un espolio" e portavoz da Plataforma Defende Meirás.
Unha pequena mostra da actuación musical que nos acompañou durante a xornada: a voz prodixiosa e o sentimento de Sheila Patricia.
LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu. Coordenadas ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...
Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.
O pasado 31 de decembro, o acto de HOMENAXE E LEMBRANZA ÁS PERSOAS QUE DEFENDERON A LIBERDADE xuntounos un ano máis no Paseo Alcalde Blanco. Queta Molas, presidenta da ARMH de Marín, presentou o acto e a continuación leu a carta que o alcalde Antonio Blanco escribíu á familia dende o cárcere. O investigador e escritor Xosé Álvarez Castro, centrou o acto coa súa exposición sobre a represión no ámbito do ensino, concretada nas vidas de tres profesores do instituto de Pontevedra: Juan Carlos Villar García, Mariano García Martínez e Celestino Noya Rodríguez. Uxía Lubián Pardellas deu lectura á carta que o seu avó escribira ao pai, mestre tamén naqueles anos oscuros. A música de Ulises Trío acompañounos durante o acto. Como remate, fíxose a tradicional ofrenda floral.
Comentarios
Publicar un comentario