Saltar ao contido principal

11 de decembro de 2021 - Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria 2020

 

Dna. Enriqueta R. Otero Farto, Presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMM) con CIF G36580132 e sede social no Canellón Teimón 12 de Marín (36900 Pontevedra); traslada a Convocatoria da Asemblea Anual Ordinaria 2020, adiada como consecuencia da pandemia Covid-19.

 

Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria

Segundo o capítulo III (artigos 16 a 21) dos Estatutos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, a Presidenta convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no lugar e datas que seguen:

 

Data: sábado 11 de decembro de 2021

Hora: ás 11:00 horas en 1ª convocatoria e ás 12:00 horas en 2ª convocatoria.

Lugar:



local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno 42 – 36900 Marín).

 

Orde do día:

- Benvida e apertura da Asemblea.

- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

- Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ó exercicio 2020.

- Memoria de actividades 2020.

- Rogos e preguntas.

 

 

A presente convocatoria emítese en Marín, a dezaoito de novembro de 2021

 

 

 

Enriqueta R. Otero Farto

Presidenta da ARMH Marín

 

 

 

A convocatoria farase pública nas redes sociais da ARMH Marín (blog, facebook) así como por correo electrónico e outros medios adicionais.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

ACTO ANUAL DE HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

O domingo, día 18 de agosto, reunímonos na Praza de Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, para rendirlle xusta homenaxe.