Saltar ao contido principal

2022 03 26 - Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria

 




Enriqueta R. Otero Farto, Presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMM) con CIF G36580132 e sede social no Canellón Teimón 12 de Marín (36900 Pontevedra); traslada a Convocatoria da Asemblea Anual Ordinaria.

 

Convocatoria Asemblea Anual Ordinaria

Segundo o capítulo III (artigos 16 a 21) dos Estatutos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, a Presidenta convoca a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no lugar e datas que seguen:

 

Data: sábado 26 de marzo de 2022

Hora: ás 11:45 horas en 1ª convocatoria e ás 12:15 horas en 2ª convocatoria.

Lugar: local social do Ateneo Santa Cecilia (Rúa do Forno 42 – 36900 Marín).

 

Orde do día:

- Benvida e apertura da Asemblea.

- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

- Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ó exercicio 2021.

- Memoria de actividades 2021.

- Previsión programación actividades 2022.

- Rogos e preguntas.

 

 

A presente convocatoria emítese en Marín, a nove de marzo de 2022

 

 

 

Enriqueta R. Otero Farto

Presidenta da ARMH Marín


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

SAN SIMÓN - ILLA DA MEMORIA

Como cada mes de xullo, volvemos á illa de San Simón para xuntarnos no acto anual de lembranza, homenaxe e reivindicación de XUSTIZA, VERDADE E REPARACIÓN. Nesta ocasión, tendo como eixe a solicitude de recoñecemento deste espazo como Lugar de Memoria, eliminando así a anomalía histórica na que se atopa, pola absoluta desidia e deixadez de funcións de administracións e do goberno da Xunta de Galicia. Deixamos aquí as intervencións de Iria Morgade Valcárcel, Claudio Rodríguez Fer, Pilar López Vera, en representación de familiares de presos de Andalucía, e Guillerme Pérez, que deu lectura ao manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria.

ACTO ANUAL DE HOMENAXE A CARMEN PESQUEIRA DOMÍNGUEZ, A CAPIROTA

O domingo, día 18 de agosto, reunímonos na Praza de Carmen Pesqueira Domínguez, A Capirota, para rendirlle xusta homenaxe.