Saltar ao contido principal

18 de novembro O RONSEL DA MEMORIA Presentación do libro “OS ANOS DO SILENCIO. REPRESIÓN E RESISTENCIA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (1936-1951)”

 

Este venres, día 18 de novembro, terá lugar a presentación do novo libro de Xosé Álvarez CastroOS ANOS DO SILENCIO. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951), organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín. O acto comezará ás 20:00 h no Museo Municipal Manuel Torres.




A obra ven a completar a investigación iniciada con Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939), publicado en 2013, ampliando o estudo a toda a provincia e o período ata a principios da década de 1950; o chamado “primeiro franquismo”.
 A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial, afondando nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

94 ANIVERSARIO II REPÚBLICA

  Aquí unhas fotos dalgúns momentos do acto. Intervención musical de Andrés Pena Intervención de José Luís Pallín Intervención de Aarón Franco

ACTO NACIONAL NA ILLA DE SAN SIMÓN

Imaxes, intervencións e música do acto nacional de lembranza e homenaxe que tivo lugar na Illa de San Simón o pasado 20 de xullo. Preme na imaxe para acceder á intervención de Mariña Paz. Preme na imaxe para acceder á intervención de Xurxo Ayán.