Saltar ao contido principal

O RONSEL DA MEMORIA: PRESENTACIÓN DA NOVELA MAURO

 

Este xoves, 23 de outubro presentamos Mauro, de Mikel Guerendiain, ás 20:00 h. no Museo Municipal Manuel Torres.

Mauro é a primeira novela de Mikel Guerendiain, que nace da que está considerada unha das maiores evasións carcerarias de Europa: a fuga do penal franquista de San Cristóbal, en Pamplona, o 22 de maio de 1938. Arredor  de oitocentos presos participaron nela e moitos deles foron abatidos ou detidos nas horas seguintes, pero outros lograron escapar polos montes do norte de Navarra tentando chegar á fronteira con Francia. Durante días mantívose a cacería na que se viron envoltos non só os fuxidos e os perseguidores, senón tamén os habitantes deses pobos fronteirizos, que viron alteradas as súas vidas.

 

MIKEL GUERENDIAIN AZPIROZ, naceu en  Ciaurriz, Navarra, en 1983, é Licenciado en Historia pola Universidade de Navarra e na actualidade exerce como profesor de Xeografía e Historia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Lugares de Memoria en Marín

  LUGARES DE MEMORIA EN MARÍN Cemiterio da Raña O sábado 23 de decembro de 2017, tras máis de ano e medio de xestións administrativas, a ARMH Marín levou a bo porto a instalación dunha placa no muro exterior da Raña, para sinlar este lugar como escenario da represión. Entre diversos sucesos acaecidos no lugar, está na memoria colectiva un especialmente tráxico do 7 de decembro de 1936 cando apareceron os corpos dos veciños da vila irmá de Bueu dos concelleiros Francisco Escáneo Franco e Francisco García Villanueva, así como os dos direxentes obreiros Jacinto Lamosa Novas, José Seixas Camiña e Julio Castro Martínez, brutalmente asasinados nas inmediacións co cemiterio. Sumouse a este acto a Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu.  Coordenadas   ****************************************************** Cruz da Maceira PO-313 punto kilométrico 8,6 Marín - Moaña (O Con) Coordenadas Paseo "Alcalde Antonio Blanco" Pozo da Revolta Bagüín 23 - Marín (36911 Pontevedra)...

POZO DA REVOLTA, SETEMBRO 2024

PREMIO MÁRTIRES DA LIBERDADE 2024

O pasado 16 de novembro na Casa de Cultura de Carral, Enriqueta Otero Farto, presidenta da ARMH de Marín, recibía o premio Mártires da Liberdade 2024, que cada ano otorga a Asociación Abril de Lume e Ferro.  Enriqueta Otero, en nome da ARMH de Marín, fai entrega dun dossier con reproducións de obras do pintor marinense Manuel Torres a Asociación Abril de Lume e Ferro.